Alá polo ano 1987, na vila de Foz, empeza a nosa andaina na actividade como Axente de Seguros, ofrecendo un servizo máis aos nosos clientes para contratar os seus seguros privados. Actualmente somos unha nobre Correduría de Seguros que traballamos a nivel Nacional baixo a autorización e supervisión da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións nº J3301, coa denominación social de BFL XESTIÓN INTEGRAL SERVIZOS, SL, mantendo o mesmo principio de seriedade, honestidade e respecto polos nosos clientes. Son moitas as entidades/compañías aseguradoras do mercado Español coas que temos concertado relación comercial para distribuír os seus produtos de seguro. Subscrito seguro sobre garantía financeira e de responsabilidade civil conforme ao R.D. Lei 3/2020.
Todo o equipo que traballados na Correduría, contamos coa acreditación outorgada polo Ministerio de Economía e Facenda de Mediadores de Seguros Titulados, necesaria e obrigatoria para exercer esta actividade e, toda a experiencia profesional adquirida ao longo dos anos con formación continua para estar sempre actualizados e aprendendo. Tamén estamos presentes desde sempre no Colexio de Mediadores de Seguros de Lugo.
Xunto co equipo de profesionais que forman a empresa afín BFL CONSULTING EMPRESARIAL SLU, que son asesoría fiscal-contable, laboral, inmobiliaria e outros servizos complementarios, logramos un tándem empresarial prestando unha ampla e complexa xestión e tramitación en case todos os sectores administrativos e a formalización de seguros privados, tanto no ámbito persoal como empresarial, implantando as ferramentas de traballo tecnolóxicas que esta xeración dixital esixe. Sentindo que os nosos clientes son o noso máis prezado tesouro e que somos correspondidos coa súa fidelidade ano tras ano.
A Correduría conta con dous departamentos de traballo definidos pero coordinados, con atención ao cliente personalizada 100%.
No mercado hai moitos produtos de seguros dirixidos tanto a particulares, autónomos, empresas, asociacións e outras entidades legalmente constituídas. E novidades que se van incorporando e nacen das necesidades e eventualidades desta era dixital.