Quen somos

Un equipo profesional multidisciplinar.

BFL CONSULTING EMPRESARIAL SLU, somos unha asesoría para empresas que ven funcionando dende 1986. Contamos cun equipo de profesionais multidisciplinar que ofrece os servizos de asesoría de empresas, corredoría de seguros, xestión de herdanzas e imposto de sucesións, inmobiliaria e inversións financeiras, dando a tódolos nosos clientes un trato persoal e directo, garantindo responsabilidade e seriedade no noso traballo, cun único fin, buscar os maiores beneficios para os nosos asesorados. Abarcamos todas as fases da vida dunha empresa, dende a súa constitución ata a súa posible disolución, realizando durante ese intervalo de tempo todas as tarefas administrativas, fiscais e laborais que xorden na xestión diaria da súa empresa.